Logo Niblio

Biblioteca persoal e rexistro de lecturas

A túa biblioteca
no teu peto

Máis de 122 millóns de libros
Sen anuncios Sen subscricións Sen rexistros
Con moito agarimo

Escanea os teus libros ao instante, rexistra as túas lecturas en tempo real e analiza as túas estatísticas. A túa biblioteca gárdase no teu dispositivo, con privacidade por defecto.

Visualización de estantes
Estatísticas de lectura e obxectivos en Niblio

Enxeñaría aplicada
á lectura

Combinamos a paixón polos libros con anos de experiencia desenvolvendo software para crear unha app á túa medida.

Biblioteca visual e estantes

Organiza os teus libros en estantes personalizados. Defíneos segundo as túas localizacións reais (como "Salón" ou "Habitación") para saber exactamente onde están fisicamente, ou úsaos para categorizar como queiras. Accede facilmente a toda a túa colección con listas ordeadas, filtros por estado e buscador instantáneo.

Localizacións físicas Categorización libre Filtros e acceso rápido

Le. Pausa. Continúa.
Niblio lembra por ti

Inicia unha sesión de lectura cun toque. O cronómetro rexistra o teu tempo exacto, indicas en que páxina remataches e Niblio fai o resto: calcula a túa velocidade, estima cando rematarás o libro e constrúe o teu historial de lectura día a día.

Sesión en tempo real Predición de finalización Historial de sesións

As túas sagas, sen límite

Hai historias que non caben nun só libro. Agrupa as súas entregas nunha saga, ordénaas como prefiras e atopa todos os seus títulos xuntos nunha vista de portadas. Podes crear tantas sagas como queiras.

Sagas ilimitadas Orde por entrega Vista de portadas

Ambientes para ler a gusto

Escolle entre lume crepitante, choiva suave ou tormenta e crea o teu recuncho de lectura. Cada son ten a súa escena animada, con Niblio lendo ao teu carón. Axusta o volume, abre o teu libro e goza do teu pequeno refuxio.

Sons da natureza Escenas animadas Niblio acompáñate

Estatísticas que inspiran

Rachas de lectura, obxectivos anuais, páxinas por día, velocidade media, calendario de lecturas e análise por xénero. Coñece os teus hábitos e supérate cada semana.

Rachas 🔥 Obxectivos Calendario

Catálogo xigante e
escáner de ISBN

Apunta a cámara ao código de barras de calquera libro ou busca por título, autor ou ISBN. Niblio accede a un catálogo de máis de 122 millóns de libros para obter ao instante a portada, autor, editorial e todos os detalles.

Privacidade por defecto

A túa biblioteca gárdase no teu dispositivo, sen necesidade de crear unha conta. As buscas, as portadas, as compras e o diagnóstico de erros utilizan servizos externos, como explicamos na política de privacidade.

Xestión de préstamos

¿Prestaches un libro e non lembras a quen? Rexistra en Niblio quen ten os teus libros e cales che prestaron a ti, con historial completo.

¿Non sabes que ler hoxe?

Se tes dúbidas sobre cal empezar, Niblio axúdate seleccionando un dos teus libros pendentes para aforrarte a indecisión e que comeces a ler xa mesmo.

Cada pantalla,
pensada para ti

Biblioteca organizada por estantes

Estantes visuais

Detalle de ficha de libro

Lista de portadas

Ambiente de lectura con Niblio xunto a unha fogueira no bosque

Ambientes de lectura

Sagas agrupadas por portadas e número de libros

Sagas

Sesión de lectura en tempo real con cronómetro

Cronómetro intelixente

Estatísticas de rachas e obxectivos

Estatísticas avanzadas

Calendario mensual de lecturas

Calendario de lecturas

Historial detallado de sesións de lectura

Historial de sesións

Gardar sesión de lectura

Gardar sesión

Preguntas frecuentes (FAQ)

O que convén saber sobre Niblio, os teus libros e os teus datos.

Que é Niblio?

Niblio é unha app de biblioteca persoal e rexistro de lecturas para iOS e Android. Permite catalogar libros, organizar andeis, escanear ISBN, rexistrar sesións de lectura e consultar estatísticas.

É gratis? Ten subscrición?

A descarga é gratuíta e inclúe todas as funcións ata 100 libros. Niblio Unlimited permite rexistrar libros ilimitados cun pagamento único. O importe móstrase na app antes de mercar. Non hai subscricións nin anuncios.

Necesito crear unha conta?

Non. A biblioteca, as notas e as sesións gárdanse localmente no teu dispositivo. As buscas de libros e portadas, as compras e o diagnóstico de erros usan servizos externos, como explica a política de privacidade.

Podo usar Niblio sen conexión?

Podes usar a biblioteca local sen conexión. As buscas en catálogos externos, a descarga de portadas e a xestión de compras necesitan internet.

Como conservo a biblioteca se cambio de móbil?

Usa as funcións de exportar e importar copias de seguridade. Garda unha copia fóra do dispositivo antes de cambialo ou restablecelo. Non deas por feito que xa hai unha copia na nube.

Obtén Niblio de balde

Descarga Niblio de xeito totalmente gratuíto e proba todas as funcións sen excepción.
A versión de balde conta cun xeneroso límite de ata 100 libros.

Todas as funcionalidades
Privacidade por defecto
Sen rexistros nin contas

Niblio Unlimited

Sabemos que non che gustan as subscricións.
A nós tampouco, por iso Niblio non ten. Se algún día necesitas rexistrar máis de 100 libros ou simplemente queres axudar a facer sostible o proxecto, existe Niblio Unlimited, un único pago e xa está.

Libros ilimitados
Pago único sen subscricións
Todo o incluído na versión de balde